AGADIC convoca as axudas á distribución das industrias culturais

A acción ten un orzamento de 600.000 euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia as bases para a subvención de actividades de dsitribución para industrias culturais. Dase a particularidade de que a convocatoria deste ano fora anulada pola propia administración autonómica o 16 de febreiro, un día despois de ser publicada no DOG. A nova convocatoria preserva o mesmo orzamento, 600.000 euros, orientados á "distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e ou musicais e proceder á súa convocatoria para o ano 2024". O prazo de presentación rematará aos cinco meses de publicación no DOG.